![Youtubeiras+ Profile](https://pbs.twimg.com/profile_images/1803387430709448704/ty5GLAWL_x96.jpg)
Youtubeiras+
@youtubeiras
Followers
1K
Following
1K
Statuses
2K
8ª edición de Youtubeiras+ #youtubeiras #FachendaAoCadrado
Joined September 2017
🌍 Olá mundo! Youtubeiras+ chegou a Bluesky! 🫶 Encontrámonos tamén por alí? #youtubeiras #FachendaAoCadrado
0
1
2
☝️ Queres crear contidos na Rede e non sabes como? Cal é o formato axeitado? Necesitas investir moito? Sobre que tema podes falar? 😊 @toxio_gal responde todas estas preguntas e moitas máis no último Fiadeiro Dixital desta edición. ✒️ Inscríbete!
0
6
6
O PREMIO DO PÚBLICO QUEBROU RÉCORDS! Nesta edición votastes máis que nunca! Anotade o día no que se desvelará o resultado: 1 de febreiro, ás 19h, no Pazo da Cultura de Narón, na gala dos premios Youtubeiras+ 2024. Ven ti, e que non cho conten! #youtubeiras #FachendaAoCadrado
1
2
4
Aproveitamos para desvelar que houbo mudanzas no noso TOP! Nos primeiros postos continúan o CPI de Rodeiro, @OrgulloGalegoGz, Unto Vello, @LiliumYT, Luís do Río, @FicaCoaBola, @carallobueno, @prod_dispersas, Vellenials… Mais a orde xa non é a mesma! Até aí podemos contar 😚❤️
0
3
7
⚠️ Abrimos a votación para o premio do público de #Youtubeiras+! Do 25 de novembro ao 5 de decembro, TI podes decidir cal foi o mellor vídeo de 2024. Revelaremos o resultado na gala: o 1 de febreiro en Narón. Non deixes que decidan por ti! 🗳️ #FachendaAoCadrado
0
5
11
@Eva_Patinho Bo día! Destas 89 canles faremos pública en xaneiro a lista das canles ou vídeos finalistas seleccionadas polo xurado e polo público para as 7 categorías. Para o premio do Público, podes velos todos nesta ligazón e votar desde xa polo teu favorito:
1
0
1
📣 Xa podemos anunciar o número oficial de canles inscritas nesta edición de #Youtubeiras+! Moito camiñamos este ano, concretamente de Compostela a Narón. Agora é a vez do xurado de percorrer este camiño e admirar a paisaxe 🚶🌲 #FachendaAoCadrado
0
5
8
@IagoGordillo @RecunchoGamer @monidacal Que precisas para facerlle as (youtu)beiras a Sara Varela? 👉 Humor e vídeos de gatiños Se queres unha segunda cita, non nos fagas ghosting! Garda o 1 de febreiro na túa axenda e namóranos sen remedio 👀 (4/4 🧶)
0
1
3
NON CHORES! Aínda tes até as 23:59 de hoxe para inscribir a túa canle de YouTube e/ou TikTok no certame Youtubeiras+. Tamén, se tes un vídeo favorito, podes candidatalo ao "Premio do público". Entra en e dálle, que agardamos por ti! #youtubeiras
0
6
6