Xose A. Fraga Profile Banner
Xose A. Fraga Profile
Xose A. Fraga

@xebelo

Followers
3,792
Following
919
Media
223
Statuses
25,572

Deportes TVG, área A Coruña - Ferrol. Información e opinión persoal. Podemos concordar ou non, pero sempre con respecto.

A Coruña
Joined February 2011
Don't wanna be here? Send us removal request.
Explore trending content on Musk Viewer
Pinned Tweet
@xebelo
Xose A. Fraga
5 months
Ese gol que sempre quixeches cantar
@EnXogo_tvG2
En Xogo tvG2
5 months
🚨 𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟 𝗗𝗘 𝗟𝗨𝗨𝗨𝗨𝗨𝗖𝗔𝗦 @RCDeportivo 1-0 @FCBarcelonaB ⏱️ 57' @LP10oficial marca un gol que pode decidir un ascenso @TVGalicia 📺📲
20
151
681
6
10
159
@xebelo
Xose A. Fraga
5 years
Teño entrevistado xogadores galegos que non falaban palabra na nosa lingua. Hoxe Eneko Bóveda, vasco, pedíume que lle preguntase en galego e que lamentaba non atreverse a falalo. Un pracer xente así.
31
517
2K
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Hoxe descubrín o campo de fútbol da Arnela, en Baldaio. Xoias así xa non quedan moitas.
Tweet media one
47
180
2K
@xebelo
Xose A. Fraga
1 year
Lembro o día no que Eneko Bóveda chegou a pedirme disculpas por non saber responder unha entrevista en galego. Hoxe, Imanol Idiakez pediulle ao compañeiro @javitorres6 que lle pregunte en galego "que así aprendo". Actitudes que definen o talante das persoas.
@groboro
Carlos L Grueiro
1 year
31
168
984
25
232
1K
@xebelo
Xose A. Fraga
1 year
O 25 de xullo de 1921, a bandeira galega ondeou nun edificio institucional por primera vez na historia. Foi no concello da Coruña. Feliz día de Galicia!!
Tweet media one
10
280
1K
@xebelo
Xose A. Fraga
2 years
Hai días que paga a pena erguerse cedo. Arco da vella sobre A Coruña.
Tweet media one
15
122
858
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Ano 2019: o Deportivo queda a un gol do ascenso a Primeira. Ano 2020: o Deportivo queda a un punto da permanencia en Segunda. Ano 2021: o Deportivo queda a un punto de entrar no grupo da loita por ascender. E así se vai escribindo a historia do Deportivo nos últimos anos...
26
343
850
@xebelo
Xose A. Fraga
2 years
Últimos 5 anos: Descenso + Non ascenso + Descenso + Non ascenso + Non ascenso. Nunca tantos deron tanto e recibiron tan pouco. E, así e todo, volverán, xa o verán.
@RCDeportivo
RC Deportivo
2 years
🎶 "El camino a mi estadio es el más bonito del mundo" 🏟️💙 🔥 #ONFIRECOD ÉPOR 🔵⚪️🔵 #ARiazorCoaBranquiazul 🔵⚪️🔵
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
72
591
2K
14
149
729
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
É máis doado atopar unha agulla nun palleiro que escoitar un neno falar galego na cola dun colexio nas grandes cidades de Galicia. Por iso é tan importante blindar o castelán no ensino e que estea entre as prioridades de quen goberna. Non vaia ser que un día apareza un...
14
160
715
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
A TVG deu esta semana os partidos de Breogán e Leyma nos playoff de ascenso á ACB, os 3 do Liceo na Copa, o Mundial de motocross, os 2 do playoff de ascenso a 2RFEF o Depor xuvenil na Copa de Campións e a Copa América. Quen dá máis? Con virtudes e defectos, valoremos o que temos!
15
96
683
@xebelo
Xose A. Fraga
2 years
- O Deportivo xunta 3.000 seareiros en León. - O rival, 8 xornadas sen gañar. - No campo, conformismo e derrota. A realidade: - Afección de Primeira - Soldos de Segunda - Adestrador e equipo de Terceira. Nunca foi líder en 28 xornadas. E con este espírito, nin foi nin será.
44
171
639
@xebelo
Xose A. Fraga
11 months
Mella, Barcia, Kevin, Rubén...Hai partidos que perdes hoxe pero gañas mañá se os les ben. A lección de hoxe é clara: non precisas 15 fichaxes ao ano se sabes ver o que tes na casa. O Deportivo, no seu peor momento, ten a mellor canteira da súa historia pedindo que abran a porta.
32
119
583
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
O fillo no Fuenla; o irmán fai os tests; os que traballaron con el na LFP, no cté de competición; o que o condecorou, "carguito" na Liga. Os Tebas non deixan a ninguén atrás. A "famiglia" sempre é o máis importante.
22
278
516
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Cando Javier Tebas pasa por un xulgado de Fuenlabrada a declarar por presunta estafa e apropiación indebida e a maioría dos medios preguntan por calquera cousa menos polo obxecto da comparecencia, o xornalismo cava aínda máis fondo no foxo da súa credibilidade. Malos tempos.
18
155
511
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Somos moreas os fillos de pais galegofalantes que marcharon da aldea á cidade á busca dun futuro mellor e fomos educados en castelán "polo noso ben". Ata que un día pensei en qué estrano país vivía, no que a lingua propia era motivo de vergoña. Ese día comecei o camiño de volta.
4
63
502
@xebelo
Xose A. Fraga
5 years
Así naceu hoxe o día na Coruña. Un agasallo visual da natureza aos que madrugan e traballan nestes tempos estranos. Algo é algo.
Tweet media one
2
86
497
@xebelo
Xose A. Fraga
5 months
O partido do ascenso do Deportivo fronte o Barça B foi o espazo máis visto na Televisión de Galicia no mes de maio cun 22% de audiencia, 105.000 espectadores de media e picos por riba dos 200.000. Ese dia foi líder na súa franxa na televisión no noso país.
Tweet media one
15
87
466
@xebelo
Xose A. Fraga
5 years
Manuel Mosquera, 29 puntos en 14 xornadas co Extremadura. Cólleo en descenso, sálvao sobrado e hoxe tíralle un bote salvavidas ao Deportivo. A eterna historia do galego que ten que emigrar para demostrar o que vale. Algún día no banquiño de Riazor?
12
122
455
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Fernando Vázquez no @LandRoberTVG : "Javier Tebas é un dirixente elixido democráticamente que agora é un ditador co consentimento dos clubs porque os ten collidos por onde máis doe". Retrato exacto da situación na Liga.
11
139
446
@xebelo
Xose A. Fraga
1 year
Nin fan falta 50 pases para xerar perigo, nin a canteira é o anti-ascenso, nin Trilli esqueceu o xogo, nin Bergantiños era unha vella gloria, nin Yeremay un simple filigranero, nin Rubén Díez insubstituible, nin Villares chico para todo. Enmenda á totalidade de Rubén a Cano.
10
79
434
@xebelo
Xose A. Fraga
9 months
Lucas Pérez (35 anos) emprende unha carreira de 70 metros cando o seu equipo leva máis dunha hora con dez contra Benítez (21 anos), xogador que levaba 22 minutos do campo. O desenlace , o que se ve...
@EnXogo_tvG2
En Xogo tvG2
9 months
🚨 GOOOOOL de @LP10oficial @RCDeportivo 4-1 @Fuenla 🔚 O Deportivo colleita a terceira vitoria consecutiva por primeira vez na temporada De contado, o resumo en
12
48
389
7
53
422
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
O Fuenlabrada comunícalle a lista de viaxeiros ao Deportivo a menos de 6 horas para o partido. Nin os máis veteranos empregados do club lembran cousa igual en 30 anos. Que siga a comedia...!
10
185
408
@xebelo
Xose A. Fraga
5 years
Este individuo usa imaxes da cazolada contra o Rei publicada por @alfhermida para mentir e usala no seu interese. Personaxes coma este degradan o xornalismo. Cuidado coas fontes nas que nos informamos.
@javiernegre10
Javier Negre
5 years
Tremenda cacerolada contra el Gobierno por el coronavirus (y con subtítulos)
1K
2K
4K
11
228
404
@xebelo
Xose A. Fraga
6 months
Outubro: o Deportivo en posto de descenso. Idiakez: "Os ascensos son en maio e xuño". Xaneiro: fin da primeira volta a 10 ptos do líder. Idiakez: "Quen faga hoxe contas non lle van dar, pero hai tempo abondo". Maio: o Deportivo, a un triunfo do ascenso a 3 xornadas do final
18
62
410
@xebelo
Xose A. Fraga
6 years
Vista do estadio de Riazor coa nova cuberta case rematada
Tweet media one
15
148
399
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Espera que o Deportivo aínda ha ter que pedir perdón por defender os seus dereitos como faría calquera outro que se atopase na súa situación...
6
80
389
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
O @RCDeportivo á metade da Liga: √ 43 puntos √ 13 vitorias e 2 derrotas en 19 partidos √ Máximo goleador: 32 √ Menos goleado: 11 √ Coeficiente xeral: +21 √ Diferencia ao segundo: +6 ptos √ Xornadas invicto: 12 Incontestable a primeira volta do equipo de Borja Jiménez.
2
88
383
@xebelo
Xose A. Fraga
1 year
Nin Mauro nin Bebeto nin Arsenio nin Djalminha nin Makaay nin Tristán nin Valerón caeron do ceo. Entre tantas homenaxes aos anos de ouro do Deportivo, sorprende o afastamento da escena da persoa que conduciu a nave. Hai silencios que claman ao ceo. A César, o que é de César.
@laiosaCASP
Carlos Alberto Sánchez 
1 year
Nada de lo que pasó en la reciente y brillante historia del Deportivo, la de los títulos, la de los fichajes de los verdaderos cracks blanquiazules, la de los éxitos en Europa, en la Copa y en la Liga (en el fútbol y en el hockey) sería posible sin Augusto Cesar Lendoiro.
28
93
408
23
74
383
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Aos 23 anos, Angeliño, o rapaz de Coristanco forxado nas escolas Luis Calvo e na canteira do Deportivo, xa pasou por Inglaterra, Estados Unidos, Holanda e Alemaña. Titular, partidazo e pase decisivo para meter o RB Leipzig na semifinal da Champions. Carreirón! E o que lle queda..
7
75
373
@xebelo
Xose A. Fraga
6 years
6 xogadores galegos de 22 no campo no derbi de filiais (3 no Fabril e 3 no Celta B). Chámanlle fútbol moderno. Triste!
7
195
370
@xebelo
Xose A. Fraga
11 months
Se o Deportivo ten 4,7 millóns para o plantel, un luxo na categoría, 1,4 máis có ano pasado, gaña 4 de 13 partidos, marca menos dun gol por encontro, chora as ausencias de Yeremay e Mella e reza para que os canteiráns volvan canto antes, é que alguén fixo moi mal o seu traballo.
@laopinioncoruna
La Opinión A Coruña
11 months
El Dépor eleva casi un millón y medio el coste de la primera plantilla y eleva pérdidas ‼
3
5
5
19
93
373
@xebelo
Xose A. Fraga
7 years
Desde que o @RCDeportivo volveu a Primeira, hai 3 anos e medio, gañou 19 partidos dos 67 que xogou en Riazor (un 28%). Malia gañar so un partido de cada catro, segue a ser o estadio coa novena mellor asistencia media (21.000). Imposible dar máis por menos.
9
369
358
@xebelo
Xose A. Fraga
6 years
Natxo González despediuse cara a cara, con educación e respeto, aceptando e contestando preguntas. Gústame esa xente no tempo da hipocresía do comunicado sen preguntas ou o escrito vía rede social tan cómodo como, en moitos casos, hipócrita, cobarde e falso. Grazas e sorte Natxo!
8
76
360
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
O médico do Fuenla desaconsellou viaxar ata 3 veces, o presidente da asociación de médicos de equipos de fútbol di que non debeu viaxar, Tebas ordenou unha viaxe temeraria. Ata cando vai calar o CSD @deportegob ? Non pensa tomar cartas nun asunto de tal gravidade @lozanoirene ?
18
132
358
@xebelo
Xose A. Fraga
5 months
Os tempos son chegados
Tweet media one
3
37
360
@xebelo
Xose A. Fraga
2 years
As letras galegas nas rúas da Coruña
Tweet media one
5
47
344
@xebelo
Xose A. Fraga
5 years
Falas da Coruña no estranxeiro. Poucos a sitúan no mapa. Falas da torre de Hércules, case ningún a coñece. Falas do Deportivo e por fin hai conversa. Non hai mellor modo de situar aos de fóra. Aínda hoxe, é con diferenza o mellor embaixador da cidade.
9
100
337
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Con todo o que ten saído do caso Fuenlabrada, tan preocupante é a rede de corruptelas, tratos e pagos de favores e abusos de poder evidenciados como o clamoroso silencio de grandes medios de comunicación que adoitan dar leccións de xornalismo urbi et orbe. Qué intereses os guían?
18
133
329
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Nunca me pareceu moi intelixente rirse dos males alleos. Tampouco no fútbol, porque o fútbol é unha noria na que un día estás arriba e outro abaixo. O que hoxe lle pasa ao veciño mañá pásache a ti. Hoxe pídenche axuda e mañá es ti quen a necesita. E así seguido. É lei de vida.
30
51
328
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
"Tengo la obligación moral de devolver a este escudo lo que me ha dado estos meses. El Deportivo merece volver a la élite y nosotros tenemos la responsabilidad de conseguirlo". Canso dos discursos dos quedabén que marchan sen asumir unha culpa, soa ben Beauvue. Distinto.
9
56
328
@xebelo
Xose A. Fraga
6 months
Pois neste momento no que o @RCDeportivo devolve o fútbol femenino galego á máxima categoría, eu quero lembrar e darlle os parabéns a unha das grandes responsables da confección deste exitoso plantel. @RocioCandal14 , o ascenso tamén é teu.
4
29
333
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
@eSullastres , porteira catalá do @RCDeportivo , concedeu unha entrevista íntegramente en galego ao programa @RgZonamixta da @RadioGalega nun exemplo de respeto e integración digno de louvanza. Canto que aprender dalgunha xente!
3
85
327
@xebelo
Xose A. Fraga
5 months
Vin ao Deportivo celebrar títulos e non atopo moita diferenza entre aqueles festexos e o deste ascenso a Segunda. Disque é esaxerado, pero despois de tantas frustracións, quen ten dereito a dicirlle ao seareiro o que se debe celebrar, o que non e ata onde? Mellor rir que chorar.
13
36
328
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Anquela, 8 puntos en 10 partidos. Luis César, 7 puntos en 11. Fernando Vázquez, 26 puntos en 14. O Deportivo de Vázquez presenta números de ascenso directo. É o segundo mellor equipo da segunda volta, a dous puntos do Zaragoza.
7
107
319
@xebelo
Xose A. Fraga
6 years
Un día Fernando Vázquez dixo algo así: "Un club non é grande pola categoría na que está, senon pola cantidade de xente que o vive, o segue e o sente". Esa é a forza motriz que, máis pronto que tarde, ha devolver ao @RCDeportivo ao seu sitio entre os grandes.
7
168
312
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Estadio Reino de León: na primeira foto, o fondo no que se ubica a afección do Deportivo. Na segunda, o fondo da afección da Cultural Leonesa.
Tweet media one
Tweet media two
19
57
316
@xebelo
Xose A. Fraga
5 years
Non é nova, pero coido que non hai viñeta mellor ca esta para describir a milagreira e brutal resurrección do Deportivo deste ano
Tweet media one
2
94
311
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Cursiño intensivo de Rayco e Villares ás vacas sagradas. O que hai que ver no fútbol...! Mención especial tamén para Héctor Hernández. Case 3 meses despois, o Deportivo respira.
6
42
291
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Aparece un raio de esperanza sobre Riazor. Será unha premonición?
Tweet media one
9
27
291
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Noel, Yeremay, Trilli...Tivo que baixar ao pozo o Deportivo para descubrir perlas preciosas. Tras asistir ao desfile de mediocridades dos últimos anos, a nova xeración ergue a voz e reclama mando en praza. Non é que peten á porta, é que tiran con ela co seu descaro e calidade.
10
48
289
@xebelo
Xose A. Fraga
2 years
Mediada a tempada, Paco Olmos deixou tirado o Breogán polo Burgos case dun día para outro. Hoxe, o Breogán rematou unha gran campaña nun magnífico undécimo posto mentres o San Pablo Burgos de Paco Olmos descendía de categoría. Unha vez máis, o tempo puxo a cadaquén no seu sitio.
7
38
287
@xebelo
Xose A. Fraga
11 months
15 partidos 2 goles 3 asistencias Un lote de roubos Un sinfín de quilómetros Litros de suor Intelixencia táctica Incombustible Polivalente Imprescindible Pouco se fala do temporadón de don Diego Villares Yáñez para o moito que dá E da casa Identidade e valor Sen ir máis lonxe
4
29
283
@xebelo
Xose A. Fraga
7 years
11 partidos sen gañar, 5 sen marcar dan para cousas coma esta:
Tweet media one
12
280
268
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Fermoso deseño. E o día que desapareza o "L" do escudo e figure o topónimo oficial, será case insuperable, na miña opinión
@RCDeportivo
RC Deportivo
4 years
Galicia 20·21, a nova camiseta do #D épor en homenaxe #ánosaterra
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
255
339
1K
17
41
274
@xebelo
Xose A. Fraga
2 years
O @HockeyClubLiceo , campión de Liga, Copa e Supercopa nun ano. Qué fortuna para o deporte galego e que pouco se valora ás veces! Meréceno todo. Son grandes, moi grandes.
6
58
275
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Cantos, coma min, pensan que esta canción de Jesús Suárez debera converterse en himno oficial do Deportivo?
@mardefondoJS
Mar de Fondo
4 years
Estamos de cumpleaños!!!!!! Se cumplen 6 añitos de la publicación de una canción que para nosotros se ha convertido en algo más que una simple canción, es un sentimiento y un orgullo!!!!!
6
40
137
33
47
271
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Unha das grandes eivas que temos en Galicia é que somos máis de poñer marcos que de facer país. Hoxe foi un dia malo para o noso fútbol, idóneo para os incendiarios e pésimo para os que prefiren sachar a leira a tirarlle o sacho á cabeza ao veciño. Hai fendas que tardan en curar.
17
64
274
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
O @RCDeportivo ten 2 traballos: facerse valer fronte a unha cacicada que o deixa na indefensión máis absoluta, por unha banda. Pola outra, abrir unha fonda reflexión sobre os motivos dun descenso deportivamente gañado a pulso nun ano bochornoso. Que as árbores non tapen o bosque.
7
88
270
@xebelo
Xose A. Fraga
7 years
Sinceramente coido que, tras 6 anos no @RCDeportivo , en Primeira e Segunda, nas boas e nas malas, Germán Lux merecía outro tipo de despedida
13
158
264
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Que o @RCDeportivo ía ser o equipo de 2ªB con maior masa social estaba cantado. Agora bate o récord histórico de socios dun club na categoría (16.575) e vai camiño de ter máis abonados que o 80% dos clubs de Segunda e a metade dos de Primeira.
6
60
264
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Miguel Juane, presidente do Comité Galego de Xustiza deportiva á @TVGalicia : "A reclamación do Deportivo ten unha base moi sólida. Vulnerouse o principio de igualdade. Foi un despropósito. Un acordo para ampliar a 24 sería a solución máis axeitada para todos"
8
124
264
@xebelo
Xose A. Fraga
5 months
Importante!! O decisivo encontro polo ascenso á ACB entre o Melilla e o Leyma @basquetcoruna deste venres será ofrecido en directo pola G2.
12
60
267
@xebelo
Xose A. Fraga
1 year
- Un triunfo nos últimos 5 partidos! - Dous nos últimos 7 !! - Tres nos últimos 11 !!! - 3 meses sen gañar fóra - Nin unha xornada líder - Cuarto na terceira categoría. Momento crítico, pero é difícil que un técnico resista estes números no Deportivo. Chámese Cano ou Guardiola.
8
75
264
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Iago Aspas acapara eloxios con toda xustiza, pero paréceme de similar encomio que neste nivel e contra o Valencia xoguen 6 xogadores galegos no Celta: 4 titulares (Iván Villar, Hugo Mallo, Denis Suárez e Aspas) e 2 máis (Brais Méndez e Gabri Veiga). Canto bo se fai nesa canteira!
13
30
250
@xebelo
Xose A. Fraga
5 months
Este dous tivemos o privilexio de contar na TVG o camiño de volta do Deportivo ao fútbol profesional. Onte despedímonos de Riazor. Para min foi unha honra dispoñer dos sempre didácticos comentarios de @titoramallo nestas dúas últimas tempadas. Grazas a todos polo acompañamento.
Tweet media one
20
11
261
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
A severa derrota do Liceo diante do Benfica non é vergoña ningunha. Que compita ano a ano con equipos soportados por grandes clubs de fútbol como o Barcelona e o Benfica, con recursos infinitamente superiores, é unha desas milagres que o fan tan grande e un orgullo para Galicia.
7
33
255
@xebelo
Xose A. Fraga
2 years
@FernandoHValls El dato es incorrecto. Mi compañera @PatriciaRJuste lleva varios años retransmitiendo partidos en la @TVGalicia
7
22
253
@xebelo
Xose A. Fraga
6 months
Ollo a Iván Barbero!! √ 10 goles en 18 partidos √ 9 nos últimos 14 √ Mellor artilleiro do Deportivo malia botar 4 meses mancado √ Mellora a media de Quiles e Lucas Pérez na 22/23 √ Mellora o promedio de Quiles na 21/22 √ Sitúase a 3 da súa marca do ano pasado Qué bárbaro!!
11
28
256
@xebelo
Xose A. Fraga
3 months
En galego, un "zorro" é un raposo, tal como recolle o dicionario da Real Academia Galega. A maioría dos clubs galegos veñen facendo unha aposta importante pola nosa lingua, pero moitas veces incorren en castelanismos que se evitarían cunha sinxela e rápida consulta.
@RCDeportivo
RC Deportivo
3 months
⏳🦊
101
190
1K
51
23
252
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
"Usaba piso, coche oficial y chófer después de jubilarse". Interesante información de El Confidencial sobre os usos e costumes do director do departamento de integridade da Liga, o que promoveu a denuncia contra Alex Bergantiños.
13
232
245
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Jonathan Praena, presidente do Fuenlabrada, que ten como asesor xurídico ao fillo do presidente da Liga Javier Tebas, e implicado nunha presunta estafa inmobiliaria, acusa á Federación e o Deportivo de actuar compinchados e de corruptos. É obvio que sabe do que fala...
@JLnunez62
José Luis Núñez
4 years
El presidente del C. F. Fuenlabrada, implicado en una estafa inmobiliaria a través de @ABC_Madrid
6
58
67
5
117
251
@xebelo
Xose A. Fraga
5 months
Hai equipos e afeccións que deberan estar na elite para sempre porque prestixian as competicións nas que participan. A do @CBBreogan , por exemplo. Entre as mellores do baloncesto español sen dúbida ningunha. Parabéns!!
@ACBCOM
Liga Endesa
5 months
💙 ¡LUGO y @CBBreogan SEGUIRÁN SIENDO DE #LigaEndesa !
6
186
748
5
32
251
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Ian Mackay é o porteiro menos batido dos 82 equipos que compoñen as tres primeiras categorías do fútbol español. O seu promedio, 0,5 goles encaixados por partido (9 en 18 xornadas), aseméllao ao mellor Paco Liaño, trofeo Zamora co Deportivo máis duro de roer: o da tempada 93-94
2
33
248
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Pletikosa, Tyton, Pantilimon, Roef, Rubén, Koval, Koke Vegas, Jovanovic, Ortolá, Dani Giménez, Carlos Abad, Lucho García. Porteiros contratados polo Deportivo nos últimos seis anos antes de redescubrir a aquel Ian Mackay que un día criara nos campos de Abegondo.
20
41
247
@xebelo
Xose A. Fraga
8 months
Cando a maioría o pensan, Lucas Pérez xa o viu. Cando a maioría o ven, Lucas xa o fixo. Cando o maioría arman a perna, Lucas xa executou. 9 goles, 16 asistencias e unha exibición tras outra. Para este Lucas Pérez do 2024 a 1RFEF é un xoguete divertido. Xoga noutra dimensión.
5
23
246
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Momento no que dona Carmen Vázquez, muller de Arsenio Iglesias, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descobren a placa que homenaxea o lexendario adestrador. Dende agora, Arsenio dá nome á cidade deportiva da Torre, na que tantas veces adestrou para forxar o inesquecible Superdepor
Tweet media one
5
33
244
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Fronte á palabrería e o discurso baleiro e facilón para quedar ben doutros, aquí un tipo distinto que avala o que di con feitos. Demostrouno coa súa entrega no campo e agora fóra del.
@VictorMollejo7
Victor Mollejo
4 years
Siempre con vosotros @RCDeportivo #raz ónDÉcorazon 💙
156
468
3K
5
25
239
@xebelo
Xose A. Fraga
2 years
Descensos caros e permanencias baratas: 2011: O Deportivo descende a 2ª con 43 puntos. 2022: 39 puntos dan a salvación. Con 43 sería 12º. 2020: O Deportivo descende a 2ªB con 51 puntos. 2022: 44 puntos abondan para a permanencia.
10
75
239
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Club histórico que dignifica o deporte e achega os pobos. Merece unha forte ovación en Riazor pola súa actitude impecable malia o delicado momento que tivo que aturar
@REALUNIONCIRUN
Real Unión Club Irun
3 years
Boas noites A Coruña, boas noites @RCDeportivo ! Xa estamos aquí, na cidade de cristal, na que ninguén é forasteiro. Aínda que a semana foi complicada, listos para enfrentarnos convosco mañá en Riazor. (Vimos sen COVID 😉) #AupaUnion ⚪⚫
152
227
2K
2
29
239
@xebelo
Xose A. Fraga
6 years
Alex Bergantiños lembra trala vitoria en Granada a Fefé del Río, recén falecido tras 77 anos de socio. Detalle de capitán con valores.
1
68
239
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
O dato de Luis Timiraos: o Deportivo é o menos goleado dos dous grupos de 1RFEF e o Fabril o menos goleado dos 18 grupos de 3RFEF.
1
42
238
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Así de espectacular lucíu Riazor na G2 a vista de dron para despedir unha campaña na que o Deportivo houbo de se conformar co premio de consolación.
Tweet media one
5
27
235
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
"Veñen pra quedar". Alén da campaña en si, paréceme digno de subliñar o gran traballo de vencello que está a facer o @RCDeportivo coa lingua e a cultura galega nos últimos tempos. Parabéns!!
@RCDeportivo
RC Deportivo
3 years
💙 ⚪️ 💙 #ADNBRANQUIAZUL | As nenas e os nenos #Deportivistas #Ve ñenPraQuedar! 🚨 Promoción Abonos Dépor ADN Branquiazul (Sub-15) até final de temporada❗️❗️
Tweet media one
39
140
620
5
30
235
@xebelo
Xose A. Fraga
5 years
O ano pasado nesta xornada o Valladolid era 11° a 5 puntos da zona de promoción de ascenso. O Deportivo está a 4. Ata o rabo todo é touro.
14
73
232
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Non hai moitos estadios nos que poida soar parecido un partido de Champions e un de 1RFEF. Un deses é Riazor. A sonoridade deste campo está ao alcance de moi poucos. Gran noticia a volta da xente aos estadios. É a banda sonora que lle dá sentido ao espectáculo.
1
39
233
@xebelo
Xose A. Fraga
2 years
Fichas 3 dianteiros, tes o pichichi e o terceiro máximo goleador do ano pasado e o teu mellor argumento ofensivo con moita diferenza é Yeremay, que xoga 15'. Abraiante!
9
42
236
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Vázquez chegou ao Deportivo hai case un ano. Só perdeu 6 partidos de 29 na Liga (14 vitorias, 9 empates), pero hai 2 derrotas que manchan o historial: as sufridas en Riazor contra Extremadura e Celta B. Son das que firen á afección e reducen o creto dun equipo e dun adestrador.
20
49
228
@xebelo
Xose A. Fraga
5 years
Porteiro fiable, líder no campo e no vestiario, cabal, sincero e sensato cun compromiso a proba de bomba. Xente que sobe o nivel do fútbol.
@desmarquedepor
ElDesmarque Dépor
5 years
💙 Dani Giménez rechaza contactos de equipos de Primera y apuesta por abanderar el proyecto 19/20 del Dépor:
Tweet media one
22
168
667
8
41
231
@xebelo
Xose A. Fraga
2 years
O Deportivo cedeulle 3 puntos ao San Fernando, 2 ao Pontevedra e 2 ao Celta B. Gañou con apuros a Linense, Mérida e Talavera. En 6 xornadas tirou 7 ptos ante rivais da zona media e baixa. Non se mediu aínda a ningún dos 10 primeiros. Non sorprende que Riazor perda a paciencia.
23
52
230
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Os vestiarios do fútbol son un ronsel de intereses no que a maioría vai ao seu. Alex Bergantiños, pola contra, é desa clase de xente respetada por todos porque dignifica a profesión polos seus valores e integridade. Por desgraza, hai máis corvos ca melros brancos na selva.
5
31
228
@xebelo
Xose A. Fraga
7 years
Pregunta dun neno a Cartabia: "Cual fue vuestro peor entrenador este año?" Resposta: "Los peores fuimos nosotros. Por eso ellos no están".
2
146
220
@xebelo
Xose A. Fraga
3 years
Os números do Deportivo: # Máis de 2 meses sen perder (9 xornadas) # 20 de 24 puntos na casa # 7 goles recibidos en 16 xornadas # 4 puntos de vantaxe ao Racing, 7 a UD Logroñés e Majadahonda # 13 goles entre Quiles e Miku E a sensación de que lidera sen forzar a máquina.
4
45
226
@xebelo
Xose A. Fraga
1 year
Cando a xente se divirte máis co espectáculo do descanso que nos 90 minutos de xogo, malo. En Riazor pasa iso últimamente.
26
32
222
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
5 emisoras locais ofrecen dende hai anos os partidos do @RCDeportivo íntegros, dentro e fóra da casa. Hoxe, a LFP déixaas fóra dun estadio de Riazor baleiro de máis de 30.000 prazas. Onte en Mallorca, noutro estadio baleiro, saltou ao campo un espontáneo. Rir por non chorar.
6
77
220
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Membros do Cté de Competición: Carmen Pérez (abstense) Pablo Mayor, designado pola Liga, e Lucas Osorio, ex-traballador da Liga. Xuntanza de 4 horas, moi tensa e con fortes presións. Decisión: ao gusto de Tebas pai e Tebas fillo. Quen contaba? Así "funciona" a "xustiza deportiva"
5
125
224
@xebelo
Xose A. Fraga
6 years
Poucos xogadores vin tan respectuosos pola lingua galega coma este suízo. Grande a súa lección a moitos que naceron para aquí do Padornelo.
@DePunteirolo
Miguel Pardo
6 years
Tweet media one
2
56
157
2
71
213
@xebelo
Xose A. Fraga
7 months
Dende Fran non lembro unha irrupción dun canteirán con tanto impacto no Deportivo como a de David Mella. Determinante unha semana si e outra tamén. Ouro puro.
9
16
215
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Volver a Riazor tras 7 meses, contar unha vitoria no límite, gozar do apoio sempre atinado de @1danimallo nos comentarios e volver escoitar o ruxido real dunha bancada. Impagable! Xa o dixo Boskov: "Fútbol es fútbol y gol es gol", sexa na Champions ou en 2B.
Tweet media one
10
17
212
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Os sempre fríos números din que o Deportivo descende con máis de 50 ptos por unha fría noite de inverno en Ponferrada. Que foi o máis goleado da categoría. E que Vázquez fixo 36 ptos por 15 do tándem Anquela - Luis César. Detalles que contan moito.
9
45
210
@xebelo
Xose A. Fraga
4 years
Será quen o Deportivo de competir pola súa vida como competiu hoxe o Leganés? Competirá o ascendido Cádiz como o fixo o xa campión Real Madrid? Se ámbalas respostas son afirmativas, Depor e Lugo salvan o pelexo e o fútbol galego fai o triplete. Quen non asinaría?
13
25
205