Bueno carallo bueno! Tou de aniversario!Hai 5 anos comecei aprender o galego en serio despois de volver dunha viaxe a España e Galiza coa familia.Sigo namorado, enganchado, flipado pola lingua galega. É pra min un gran pracer poder falar, ler, escoitar e escribila. Viva o galego!
En 1991 a miña muller Bonnie e máis eu fixemos as primeiras conservas xuntos embotellando tomates. 32 anos máis tarde seguimos embotellando tomates. Hoxe fixemos 16 litros.
Saúde fenómenos! Este sorriso oculta a tristeza que sinto. Vaia mágoa. En fin algunha xente tiña medo do cambio. Fostes brutais na loita para levar cambio. Sodes a ostia e vos quero moito. Haberá outros comícios. O que non cambia é Ana seguirá loitando na Xunta. Viva Galiza! AdB
Ola miña xente! Unha vez máis desexovos a todas e todos boas festas dende a Casa Galicia de Potsdam NY. Viva Galiza! Viva a lingua galega! E viva a miña prezada xente galega! A disfrutar moito das festas con familia e amigos. Brindemos por un Bo Nadal, boa saúde, e paz no mundo.
Para engadir unha voz máis a esta iniciativa dos EDGL, velaquí o único, e seguramente o máis apaxionado galegofalante na vila de Potsdam,NY diante a Casa Galicia do norte.Encántame a lingua galega e sintome orgulloso e afortunado ser falante. Viva a lingua galega!
#Aquitamensefala
Bueno carallo bueno! Aquí vai o agasallo de Nadal máis prezado. O Noah pediu feita está camisola en parte para tocarme os collons e en parte para celebrar os meus esforzos coa canle de YouTube e o meu eslogan destacado.
Hai un par de meses un amigo que traballa nun IES en Moaña pediume gravar unha mensaxe para o alumnado do 2 de ESO na campaña Aquítaménsefala.Hoxe fixen unha videoconferencia coa clase e foime brutal falar con Bea e a rapazada.Sempre é un pracer falar en galego.Son moi afortunado
Bo día compañeiros! Feliz Día de Letras Galegas! Que grande e fermosa é a lingua galega e sintome moi afortunado ser galegofalante. Sempre lembrarei un certo día de Letras hai dous anos cando convidaronme intervir en Quen Anda Aí.
Bo San Martiño miña xente! En fin non fixemos churrascada. Fixen unha empanada de zorza. Unha desilusión non ter castañas pero algo é algo e malo será. A única cousa que faría mellor esta cea sería que estivesedes vós todos. Tanto vós quero todos! Viva Galiza! Apertas de buxo.
Entre arrincarme os pelos por mor dos impostos e tomar cervexa hoxe😜, atopei un intre para cocer esta marabilla de pan galego. É de masa nai e fariña de centeo. Derrubou o moño un pouco pero ten boa pinta e cheira á gloria.
Saúde fenómenos! Agardo que vos vaia todo brutal e que vos tocase moita sorte co Gordo hoxe. Os cartos serían benvidos pero a sorte para min é estar conectado con todos vós. Grazas por serme tan agarimosos. Desexovos moi boas festas a todas e todos! Bo Nadal! Apertas de buxo 🎄🎅
Saúde miña prezada xentiña! Non podo expresar o agradecido que me sinto polo agarimo e apoio esta semana. Sodes a hostia! Viva Galiza e a lingua galega! Paseino bo a semana e hai festa o luns.Non hai queixa.Agardo que esteades ben e pasedes unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Bos días xentiña! Hoxe é o Día na Praia para os cativos de infantil (Por iso non levo gravata). Imos a praia que está a beira do río. Vai algo fresquiño hoxe pero van pasalo caralludo de todos xeitos. Agardo que teñades un día igual de caralludo. Apertas de buxo
Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.
Bo día compañeiros!
Bo día de Rosalía!
A boa xente na Casa-Museo de Rosalía fixeronme un agasallo de dous libros da poesía de Rosalía de Castro para celebrar convosco. Sintome moi agradecido. AdB
Faltan 6 horas para dar as badaladas acó pero estou a pensar en todas e todos vós. Saúde fenómenos!Feliz 2024!!Agardo que sexa caralludo!Desexovos boa saúde, boa fortuna, e moita ledicia. Grazas por tanto agarimo. Querovos moito. Coidadevos e disfrutade da festa!Apertas de buxo.
Bueno. Está lista a empanada. Leva zamburiñas,ou máis ben vieiras porque acó non hai zamburiñas con concha só embutidas. Eu son moito de facer empanadas. Encántanme. De zorza. De atún e tomate. De bacallau con pasas. Todas as clásicas de toda vida. Esta foi un reto de carallo.
A risco de parecer que sempre teño unha copa na man 😜, tou aquí de novo para facer outro brinde.Porque si, porque me pete, porque hoxe fixen a declaración da renda e merezo esta copa, carallo.Prometo non ir de botellón.Non vos enganades pola cami yeye.A vosa saúde, compañeiros!
@Lawliet645
O único galego mal falado é o non falado. É bo ter un galego normativo pero os variantes das varias zonas de Galiza teñen o seu aquel tamén. Todo é válido segundo onde moras. Non te debes avergoñar de nada. Ti es galego e iso é gran motivo de orgullo.
Tou berrando pa que oian todas orellas, hai Entroido en Potsdam! Non hai Cigarrons nin Peliqueiros, pero hai Orellas e licorca. Malo será. Bo Entroido fenómenos! Apertas de buxo.
Compañeiros! O meu fillo Noah, el que ten o web , participa nun concurso que se chama Spanish Wine Master. É un concurso de teoría e cata de viño a cegas. Hai que saber de viños españois. Noah foi cuarto no país nas eliminatorias e agora quedou 2o no semi!
Bos días prezados fenómenos! Feliz día das letras galegas '24! Gustaríame estar aló en persoa na Alameda hoxe.Pois tou con vos en espírito. Viva Galiza e viva o galego!Para mín a palabra galego do ano é alfúfaro. Describe como me sinto falando en galego.É o meu pracer e honra AdB
Ola xentiña! Estou flipado de ledicia e quería compartilo convosco. Hoxe fixemos unha longa viaxe para xuntarnos cos nosos fillos, xantar xuntos e pasar unhas horas de visita. Moito conducir pero pagou a pena. A familia é a cousa máis importante a fin de contas.
Ola compañeiros! Bo luns! Acó un día gris e chuvoso pero tento atopar algo de alegría. Como neofalante paso cada día tentando mellorar o dominio do galego. Contar unha broma é proba de avanzar o nivel. A ver se isto ten xeito
O meu fillo está de aniversario hoxe! Non podo estar máis orgulloso. 27 anos pasaron moi axiño. Debolle a Noah o exemplo é a inspiración para estudar en serio e aprender a lingua galega. Moitos parabéns a Noah! 🎉
@aliciacntr
Pois iso non é moi difícil. Albertiño non fala galego e tampouco é Primeiro Ministro porque non quere. Eu falo galego porque me encanta e quero moito.
Saúde fenómenos! Bo venres a todas e todos! Acó vai un sol de carallo. Mandareino paló que vexo que estades con chuvia. Agardo que esteades ben e pasasedes unha boa semana. Nós imos tirando e sen queixa. A horta vai amodiño. Que teñades unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Bo día compañeiros!Feliz primeiro de primavera!Tou contento hoxe porque cumpro 57 tacos e síntome moi agradecido e afortunado.Estar convosco na Galiza hoxe sería o agasallo perfecto, mais non é posíbel. As vosas 20:30 estarei tomando unha copa acó e convidovos unirvos a min.AdB
Bo domingo compañeiros! Agardo que todo vos vaia brutal hoxe festexando Entroido. Eu só podo imaxinar e experimentalo por fotos, posts, e clips, mais paréceme caralludo e divertido. A disfrutar a tope! Pero polo menos acó hai filloas! Bo Entroido!
Os meus fillos queren emborracharme. Pero non resisto.😜. Que bo é estar xuntos! Agardo que esteades disfrutando cos vosos. Querovos moito. Apertas de buxo.
@jlsobrino
@Pipermine
Bueno carallo bueno! Pois non se pode brindar con auga meu. Nin sequera en Francia. Este brinde vai para toda Galiza e para a diáspora de galegofalantes. Gústanos alzar unha copa para a paz e a amizade. A ti non? Pois anímate. Saúde!
Hoxe estivemos no IES do Camiño (Palas de Rei) falando sobre o galego nas redes sociais, xa máis de 3000 alumnos e alumnas cos que tivemos a oportunidade de conversar e aprender
E como en todas estas charlas, houbo un oco para falar do noso
@Chibarinclub
😍
Saúde compañeiros! Bo venres! Agardo que esteades ben e todo os vaia de marabilla. Acó todo ben. Arrancou o curso. Bo grupo de cativos. Todo xa en marcha. Sufro un chisco do síndrome posvacacional, pero hai que cobrar. Agardo que teñades unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Saúde fenómenos! Cómo estamos? Pasasedes boa semana? Eu ben. Tou vivo, respiro. Hoxe é o Día da Marmota e a miña semana fora coma desa peli. Pero andamos. Medio inverno vai fora. Agardo que esteades ben, que todo vos vaia xenial e teñades unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Saúde fenómenos! Como estamos?Agardo que pasasedes xenial a semana a pesar de todo.Hai que andar e andamos xuntos.✊Eu ben. A semana de vacacions do cole así non me queixo.Non fixemos gran cousa mais o todo relax fora brutal.Agardo que teñades unha finde caralluda!Apertas de Buxo
Saude fenómenos!Como estamos? Agardoquevosfoseboasemana Acó unha volta do frío e a neve. A marmota nos mentiu!É roedor pois,e pouco fiables son os Ruedores.Sen máis.Todo ben.Imos tirando.Que teñades unha finde brutal e o cambio que merezades en lugar do climático!Apertas de buxo.
Saúde fenómenos!Agardo que sigades disfrutando das festas e pasasedes de marabilla a semana. Acó todo ben.Pouca nova pero ningunha queixa. Boa semana de volta ao cole. Vai un frío que pela.Malo será.Que teñades unha finde caralluda e que vos coiden xenial os Reis. Apertas de buxo
Nun día coma hoxe de 1944 Castelao publicaba "Sempre en Galiza". Neste 80 aniversario a Fundación Galiza Sempre elaborou un pequeno documento para por en valor o libro máis importante do nacionalismo galego. Descárgao!
👉
Despois dunha churrascada de costelas de porco con patacas e máis unha mestura de grelos e berza pochadas hai de sobremesa unha tarta de Santiago e máis un choupiño de licor de guinda caseiro.
Saúde Xentiña! Bo venres! Agardo que esteades ben e pasasedes brutal a semana. Acó con moito calor e humidade. Fixemos churrascada para o 4/7. Tou cos proxectos e disfrutando das vacas. A horta vai indo xenial. Non hai queixa. Que teñades unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Saúde fenómenos!Como estamos?Boa semana?Agardo que si. Eu ben.Unha semana curta pero longa.Moito frío.Poucas ganas.Cativos rebeldes.Tamos nos blues de inverno,pero hai que andar. Malo será. Iremos tirando e pronto será primavera.Que teñades unha finde caralluda.Apertas de buxo.
Saúde fenómenos! Como andamos? Agardo que pasasedes de marabilla a semana. Acó todo xenial. Vai frío e algo de folerpas. Normal como imos cara a Nadal. Os nenos agardan a Papa Noel. Eu anticipo as vacacións. Disfrutade da ponte. Que teñades unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Bo día fenómenos! Hoxe estou de aniversario. 56 marzos! Para min será un soño tomar unha copa xuntos en Galiza e como non é posíbel hoxe convídovos tomar un choupiño as 21 conmigo virtualmente para brindar a paz saúde e felicidade no mundo e a ledicia de poder falar galego Aperta
Saúde compañeiros! Bo venres! Agardo que esteades de marabilla e pasasedes unha boa semana. Aquí entre fumes e chuvias imos tirando. De todos xeitos tamos ben e contentos. Paponeado de como vai medrando a horta. Que teñades unha finde caralluda! Coidadevos moito. Apertas de buxo.
Vin que Xabarín Club está de aniversário. Que grande! 🎉🎉🎉. É o nome de que en parte prestei para o meu alcume nas redes. Moitas boas cancions dende ese programa! Feliz Aniversário Xabarin Club!
Manda carallo!Hoxe o número de seguidores traspasou o marco 5000! Quedo abraiado. Grazas mil, pois cinco mil, por verme digno.Aledome estar conectado a tanta boa xente aínda que sexa virtualmente. Que esteamos todos xuntos algún día para brindar en persoa! Sodes a ostia! Quérovos
Saúde xentiña! Bo venres e máis Boa Noite de San Xoán! Agardo que esteades pasando caralluda a noite e gozando de cacharelas, sardiñadas, e festa rachada. Acó haberá lume. A ver se chimpo. Tou convosco en espíritu. A disfrutar de carallo! Meigas fóra! Coidadevos! Apertas de buxo
Bo Samaín fenómenos! Este ano levo un disfrace sinxelo. Son Buxoman, defensor da lingua galega! Cal é o teu superpoder? Bromas aparte, agardo que teñades un boísimo día! Aquí, vai frío(a neve xa se foi por certo),e un día de moita ilusión no cole.
Non podo crer que morrese Miguel! Vaia tristeza! Tiven a sorte de coñecerlle polas redes e comunicábamos de cando en vez. Un gran tío. Moi agarimoso e xeneroso. Un talentoso autor de literatura infantil. DEP Hematocritico. Ata sempre.
⚫ OBITUARIOS
Morreu o
@hematocritico
, un dos creadores de contido máis importantes nesta rede social. O escritor coruñés Miguel López tiña só 47 anos.
Saude! Bo martes de Entroido miña xente!Mañá comeza Coresma e hai que aproveitar. Agardo que esteades a aproveitar e disfrutar destas festas a tope. Mañá é Mércores de Cenizas e o domingo paréceme que será un Calvario para algunhas ppersoas.O cambio é boa cousa. Apertas de buxo
🌞 ECLIPSE
Así foi a eclipse solar total dende Nova York!
Cóntanolo Andy Chichester, un estadounidense que namorou de Galicia e apredeu galego! Un solpor en 360º, a baixada da temperatura... así se viviu dende o epicentro da eclipse a experiencia.
Non quero que pase o día de hoxe sen amosar o meu agradecemento a militantes e simpatizantes do BNG e tamén a todas as persoas que forman parte das mesas electorais.
Grazas polo voso traballo e xenerosidade! É indispensable nunha xornada tan especial 💙
Saúde fenómenos! Aquí disfrutando da última das mil nove que me quedan. Hoxe é Labor Day acó. Festa nacional que sería o día do traballador, pois hai que ter outro día que un de maio por temor de comunistas e tal. Eu que sei. Pois é motivo de facer unha churrascada familiar.
Feliz Día dos Enamorados fenómenos!Ou Bo Mércores de Cinsas. O Enterro da Sardiña. Sexa como sexa xa sabedes que vos quero e agardo que pasases xenial o día. Nós a tope de nervios no cole.Fóra nevou onte anoite.Un chisco de po. Como se andasen por acó Marcial e Albertiño. 😜Besos
Ola xentiña! Andando pola Gran Mazá coa miña muller, co noso fillo Noah e máis a súa moza Julie. Fomos cear comida China en Chinatown e logo subimos ao sexto andar do Hotel Wythe para tomar algo e ver a vista.
Boa noite xentiña.Agardo que pasasedes un domingo espectacular.Nós brutal.Hoxe celebramos o aniversário de Bonnie e pasamolo pipa.Foi un día soleado otonal caralludo. Un día de relax,boa comida grega, bo viño, e a tarta que fixen eu por certo. Que máis se pode pedir. Boa semana!
Saúde fenómenos! Agardo que pasasedes unha boa semana e que esteades a disfrutar dos festivos a tope. Acó imos palando e afrontamos o frío como se pode. Éche o que hai no inverno.Sen máis de nova. Todos ben.Nada de queixa. Agardo que teñades unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Temos a costume de tomar gintonics os sábados, sobretodo durante o vran. Co cambio para tempo máis frío debemos de cambiar a outra bebida máis apta da estación, pero bueno aquí estamos. Saúde miña xente da parte miña e máis da miña muller Bonnie.
Saude fenómenos!Como andamos?Agardo que todo vos vaia brutal!Eu sen queixa e pouca novidade.Vai frío pero con sol!Imos tirando.Todos ben.Non temos acó os costumes caralludos de Entroido para axudar a pasar o inverno.Magoa.Agardo que teñades unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Saúde compañeiros! Bo venres! Agardo que esteades ben e pasasedes unha boa semana. Eu moi ben e aínda buscando o ritmo despois da excursión de marabilla na CNY. Vai agosto e nun chas é Magosto. Vou pensando do curso inminente. Que teñades unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Bo día miña xente! Agardo que os vaia xenial no luns.Unha nova para compartir. Saíu hoxe un artigo no xornal dixital Treintayseis sobre un tal ianqui non sei quen,que seica os gustaría ler. Grazas mil a Mauro Picatoste por interesar por min e o bo trato
Ola compañeiros! Bo sábado! Na nosa casa os sábados son de cando en vez as noites de pizza, que elaboro eu por certo. Convídovos vir á Casa Galiza do Norte para probalas. Igual podo prepararvos empanada, churrasco ou o que queirades pero a pizza é unha cousa miña. Está boa. 🤤AdB
Saúde fenómenos!Acó hoxe é Thanksgiving e ademais de ser un día de gran paparota,e un día de familia que fai fincapé en agradecer da boa fortuna na vida.Sintome moi afortunado. Agradezo e aprezo tanto o agarimo,o apoio,e a amizade que vós me amosades.Sodes a ostia.Apertas de buxo
Saúde xentiña! Bo venres a todas e todos!Agardo que a pasasedes caralludo.Paseino xenial o meu aniversario. Grazas por compartir o brinde conmigo. Algún día facémono xuntos e pronto!Agardo que esteades ben. Nós sen queixa. Boa finde.A disfrutar moito. Coidadevos.Apertas de buxo.
Saúde fenómenos! Bo venres! Que me contades? Todo ben? Vexo que ondiñas veñen aló. Agardo que esteades ben a pesar do temporal. Nós brutal. Sen queixa. Hoxe fomos de excursión á granxa. Xenial. Boa semana longa, agora a descansar.Que teñades unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Saúde compañeiros! Agardo que esteades ben e pasasedes xenial a semana. Eu paseina caralluda. A entrevista con Borxa foi brutal.Para min un orgullo falar en galego. Queda pouco para rematar o curso. A horta vai indo xenial. To ben Que teñades unha finde caralluda! Apertas de buxo
Debo poñerme en contacto con Yolanda Diaz e ofrecerlle ser titor de inglés. Poderíamos facer un intercambio galego / inglés. É malo que a xente lle critique por seu nivel de inglés. Para min o requisito máis clave de un político é que non sexa un chourizo e sirva ben ao público
Saúde Xentiña! Bo venres! Colorín colorado agora acabado o vran 23. Agardo que esteades ben e disfrutedes moito de agosto. Fun ao cole e teño a aula lista. Arrancase o curso o martes. Hoxe conservamos tomates. Mañá unha excursión.Que teñades unha finde caralluda. Apertas de buxo.
Saúde miña xente! Como estamos? Agardo que disfrutasedes da ponte. Para nós unha semana curta tamén. Todo ben acó. Imos tirando. Xa tamos co tempo fresco. Chimenea e caldos. Que teñades unha finde caralluda. Coidadevos. Brindo por vós e paz e convivencia no mundo.Apertas de buxo.
Saúde! Bo venres fenómenos! Agardo que pasasedes unha semana de marabilla. Acó sen queixa. 22 días de clases para rematar o curso! Moito que facer na horta e vai bo. Sen outro plan para a finde. Agardo que disfrutedes dunha finde caralluda. Coidadevos moito. Apertas de buxo.
Velaquí a Casa Galicia do norte. Claro hai ese famoso sitio en Queens, CNY, pero esta casa está 552km ao norte en Potsdam. Faltan socios.Todos galegos, galegofalantes, galegófilos están benvidos. Vinde! Facemos paparota. Churrascada! Empanada! A ver se convidamos a Pili Pampín.
Ola compañeiros! Grazas pola axuda en decidir mercar a camisola, aínda que decidir non foi moito traballo. Podedes dicir “Que traballo lle vai dar - Comprouno” Non é a bandeira da serea de Castelao mais posuír esta cami faime sentir unido a Galiza. AdB
Saúde fenómenos! Como estamos? Agardo que pasasedes unha semana brutal. A miña xenial. O luns de eclipse, logo a volta ao choio. Os nenos coma cabras pero imos tirando. Choiva á galega de momento. Que teñades unha finde caralluda! Apertas de buxo.